1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Concello de Vila de Cruces.
b) Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local, por delegación do Pleno.
c) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Vías e Obras.
d) Núm. de expediente: 336/2016.
e) Enderezo: Pr. Juan Carlos I, s/n, 36590 Vila de Cruces (Pontevedra).
f) Obtención de documentación e información:
– Teléfono: 986 58 20 17/95.
– Fax: 986 58 23 17.
– Correo electrónico: secretariageneral@viladecruces.es.
– Enderezo do perfil do contratante: www.viladecruces.es.
– Enderezo da sede electrónica: www.viladecruces.sedeelectronica.es.
2. Obxecto do contrato e prazo de execución:
a) Tipo: administrativo de servizos.
b) Obxecto: prestación dos servizos de axuda no fogar prestación básica (libre concorrencia) e servizo de axuda no fogar a persoas en situación de dependencia valorada, así como as prestacións sociais complementarias a estes.
c) CPV: 85310000-5 Servizos de asistencia social.
d) Duración do contrato: un (1) ano prorrogable por un (1) ano.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación avaliables mediante a aplicación de fórmulas:
– Prezo ofertado á baixa.
– Melloras (servizos complementarios ofertados sen custo a maiores dos previstos nos pregos), desagregados como segue:
– Servizo de fisioterapia.
– Servizo de podoloxía a domicilio.
– Oferta de axudas técnicas.
4. Valor estimado do contrato e tipo de licitación. Financiamento:
Hora |
Orzamento de licitación/hora |
Tipo impositivo IVE |
Importe IVE |
Orzamento de licitación (IVE incluído) |
Ordinaria dependencia |
11,50 € |
4 % |
0,46 € |
11,96 € |
Extraordinaria dependencia (domingos, festivos e sábados a partir das 15.00 horas) |
13,00 € |
4 % |
0,52 € |
13,52 € |
Ordinaria prestación básica |
11,50 € |
10 % |
1,15 € |
12,65 € |
– Horas máximas 1.800 horas/mes servizos dependencia, incluíndo horas tanto ordinarias como extraordinarias (estímanse 133 horas extraordinarias/mes, e 1.667 horas/mes ordinarias).
– Horas máximas 100 horas/semana prestación básica.
Exercicio 2016 |
27.218,42 |
Exercicio 2017 |
299.402,58 |
O valor estimado máximo, tendo en conta prórrogas e modificacións previstas no presente prego, é de 745.440,00 euros.
5. Revisión de prezos:
Non procede.
6. Garantías exixidas:
a) Garantía provisional: exento.
b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación excluído o IVE.
7. Requisitos mínimos de solvencia:
a) Económica-financeira: volume anual de negocios, que referido ao ano de maior volume dos tres últimos concluídos deberá ser polo menos de 600.000,00 euros.
b) Técnica:
1. Unha relación dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos cinco anos (de características similares ao obxecto do contrato) que inclúa importe, datas e destinatario, público ou privado deles. Entenderanse por servizos análogos os que teñan por importe de adxudicación unha cifra superior ao 70 % do valor estimado do contrato, é dicir, superior a 521.808,00 euros.
2. Declaración sobre o cadro de persoal medio anual da empresa e a importancia do seu persoal directivo durante os tres últimos anos, acompañada da documentación xustificativa correspondente. Deberá acreditarse que a empresa dispón dun cadro de persoal medio anual non inferior a 25 traballadores.
* A acreditación da capaciade e solvencia do empresario, así como a documentación que hai que presentar detállase na cláusula 19 do prego.
8. Presentación de ofertas:
a) Prazo: oito (8) días naturais contados a partir do seguinte á publicación do anuncio de licitación. Para o inicio do computo do prazo de presentación de ofertas terase en conta a data en que teña lugar a publicación do último anuncio de licitación (DOG, BOPPO e perfil do contratante).
b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello sito na planta primeira da Casa do Concello en horario de luns a venres, das 8.00 ás 14.00 horas.
9. Documentación que hai que presentar: a prevista na cláusula 14 do prego de claúsulas administrativas particulares.
10. Apertura de ofertas: no día, na hora e no lugar que se indicará mediante publicación no perfil do contratante municipal cunha antelación mínima de dous días hábiles.
11. Gastos do anuncio:
Por conta do adxudicatario (cláusula 23 do prego).
Vila de Cruces, 20 de outubro de 2016
Jesús Otero Varela
Alcalde