Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2016 Páx. 50028

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos da Comarca de Verín

ANUNCIO de concurso de contratación do servizo de colaboración na recadación de tributos.

De conformidade co acordo da Asemblea da Mancomunidade do 8 de xullo de 2016, por medio deste anuncio realízase a convocatoria do procedemento aberto, oferta económica máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación e tramitación ordinaria para adxudicacion do contrato de servizo de colaboración na recadación de tributos da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais.

a) Organismo: Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. c) Número de expediente: 2016/59.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do servizo de colaboración na recaudación de tributos.

b) Lugar: sede do Servizo de Recadación da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín. 32600 Verín (Ourense).

c) Prazo do contrato: catro anos; será susceptible de prórroga anual de mutuo acordo, sen que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, poida exceder dos seis anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Garantías.

Provisional: 3.000,00 euros. Definitiva: 5 % do prezo estimado da adxudicación anual.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín. b) Domicilio: r/ Cancelón, 1. c) Localidade e código postal: 32600 Verín. d) Teléfono: 988 41 46 00. e) Fax: 988 59 20 85 e no perfil do contratante na paxina web da Mancomunidade
(www.mancoverin.es). f) Data límite de obtención de documentos e información: o décimo quinto día natural (15 días naturais), desde o seguinte ao da última publicación do presente anuncio no DOG ou no BOP (se coincide en sábado, domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ao seguinte día natural non festivo).

6. Requisitos do contratista: grupo: L, subgrupo: 02, categoría: d.

7. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural (15 días naturais), desde o seguinte ao da última publicación do presente anuncio no DOG ou no BOP (se coincide con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ao seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: as proposicións por medio das que se concorra á contratación do concurso convocado, presentaranse conforme o establecido na cláusula décima do prego das cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación.

c) Lugar de presentación: mesmos datos punto 5.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obligado a manter a súa oferta: ata a sinatura do contrato.

8. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día natural seguinte ao do remate do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12.00 horas.

9. Outras informacións.

a) Criterios de valoración que se terán en conta para a adxudicacion do concurso: os sinalados na base décimo terceira do prego de cláusulas administrativas particulares da contratación.

b) Aprobación do expediente de contratación: Asemblea da Mancomunidade do 8 de xullo de 2016.

c) Consulta de documentación: Secretaría da Mancomunidade.

d) No perfil do contratante desta mancomunidade publícase íntegra e gratuitamente o prego de cláusulas administrativas particulares da contratación.

10. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

11. Rexime de recursos: sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demias documentos contractuais que establezan as condicións que teñen que rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición, ante a Presidencia da Mancomunidade, no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses, contados ambos os dous prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non son simultáneos).

Verín, 28 de outubro de 2016

José Luis Suárez Martínez
Presidente da Mancumunidade de Concellos da Comarca de Verín