Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2016 Páx. 50022

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 2 de novembro de 2016, da Xerencia Municipal de Urbanismo, para o concurso de ideas, con intervención de xurado, para a ordenación urbanística da área da Panificadora do Plan especial de protección e reforma interior do barrio histórico (expediente 1046/400).

1. Entidade adxudicadora: Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, Servizos Centrais. Nº de expediente 1046/400.

2. Obxecto do contrato: concurso de ideas para a selección por parte do xurado da proposta de ordenación que sirva de base para a elaboración da ordenación urbanística detallada da área delimitada pola Panificadora e polos terreos lindeiros do Plan especial de protección e reforma interior do barrio histórico de Vigo.

3. Tramitación e procedemento:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 50.000,00 euros (premio), máis 74.657 euros (redacción da modificación do plan especial).

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 03 46. Fax: 986 22 47 80. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: titulación profesional habilitante para a redacción de planeamento urbanístico.

8. Presentación de ofertas: o prazo rematará aos corenta e cinco días naturais seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG. Documentación: a exixida nas cláusulas 10ª e 11ª do prego de bases que rexe este concurso. Lugar de presentación: Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo (praza do Rei, s/n, ata as 13.30 horas do último día de prazo ou nas formas previstas na cláusula 10ª).

9. Apertura das ofertas técnica e económica (entidade, domicilio e localidade): véxase o punto 6 do anuncio (a data e a hora anunciarase no perfil do contratante).

10. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 2 de novembro de 2016

O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo
P.D. (Resolución do 6.7.2015)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo