Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2016 Páx. 49970

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 108/2016).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 108/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eva Vales Fernández contra Juan Enrique Míguez Torres, sobre ordinario, se ditou decreto cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Acordo:

a) Declarar o executado Juan Enrique Míguez Torres en situación de insolvencia total por importe de 1.826,56 euros, e de 182,65 euros fixados provisionalmente en concepto de xuros que poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente».

Polo que expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia para os efectos de publicidade.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza