Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2016 Páx. 49971

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (ETX 171/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 171/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fabián Míguez Parcero contra Denim Sport Wear, S.L., Fondo de Garantía Salarial, foi ditada a seguinte resolución:

«Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2016.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Fabián Míguez Parcero presentou solicitude de execución da sentenza número 127/2016 do 31 de maio de 2016, pronunciada no procedemento ordinario 69/2013 contra Denim Sport Wear, S.L., Fondo de Garantía Salarial e, atendendo á devandita solicitude, en 21 de setembro de 2016 este órgano xudicial ditou auto en que despachaba orde xeral de execución pola cantidade de 7.740,18 euros en concepto de principal (5.702,80 euros en concepto de horas extras de verán, salarios e outras pagas e 2.037,38 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 774,01 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Segundo. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada, Denim Sport Wear, S.L., realizada por Decreto do 22 de outubro de 2013, ditado por este órgano xudicial no procedemento ETX 13/2013.

Terceiro. Para cumprir o requisito que se contén no artigo 276.3 da LXS, foi ditado decreto en 21 de setembro de 2016 no cal se daba audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalasen, se era o caso, a existencia de novos bens, co resultado que consta en autos.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que, declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, isto será base suficiente para estimar a súa pervivencia noutras execucións e poderase ditar o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desa lei, dando audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para sinalaren a existencia de novos bens.

Segundo. Na presente executoria cumpríronse os requisitos e trámites de indagación de bens establecidos nos artigos 250 e 276 da LXS, que supón concluír respecto da executada a pervivencia da situación de insolvencia ao non se coñeceren novos bens daquela sobre os cales facer efectivas as actividades de execución, polo que procede, cumprindo o efecto previsto no artigo 276.2 da LXS, declarar a insolvencia total, que se deberá entender provisoria para todos os efectos, ata se coñeceren novos bens do executado.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Denim Sport Wear, S.L. en situación de insolvencia total polo importe de 7.740,18 euros en concepto de principal (5.702,80 euros en concepto de horas extras de verán, salarios e outras pagas e 2.037,38 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 774,01 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións despois de anotalas no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., coa indicación no campo do concepto “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír a seguir conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Denim Sport Wear, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza