Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2016 Páx. 49989

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EDICTO do 28 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución dun expediente sancionador por infracción na orde social.

Notifícase a interesada, de conformidade co establecido no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a resolución do expediente sancionador que a seguir se relaciona (anexo), ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada podrá interpor recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Lázaro, s/n, 15781, Santiago de Compostela) a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 121 da Lei 39/2015, do PACAP e no artigo 23 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio (BOE do 3 de xuño) do Regulamento xeral sobre procedemento para a imposición de sancións por infraccións na orde social. O recurso interporase ante o órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica, a interesada poderá comparecer, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Emprego e Economía Social desta xefatura territorial, sita na avenida da Habana, 79, 7º de Ourense.

Ourense, 28 de outubro de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expte.

Nº acta infracción

Nome/razón social

NIF/CIF

Último domicilio coñecido

Data da resolución

Importe da sanción

53/16

I322016000015029

Ana Barril Rodríguez

34950099N

Praza Mil, 5-2º C, 32004 (Ourense)

20.10.2016

626,00 €