Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2016 Páx. 49991

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 24 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, de notificación de información pública do expediente IN407A 2016/1071-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícase aos interesados descoñecidos, aqueles cuxo lugar de notificación se ignore ou ben cando, intentada esta, non se puidese practicar, sinalados no anexo deste anuncio, a Resolución do 12 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Frades (expediente IN407A 2016/1071-1).

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, polo que os interesados poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Sen prexuízo do anterior, este anuncio publícase tamén no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de outubro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expte.: IN407A 2016/1071-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT, CT, RBT Bouzamonte.

Concello: Frades.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados.

Número de predio: 1.

Lugar: Riba da Raíña.

Cultivo: prado.

Propietario: Arturo Pardo Quintela.

Afección de solo en pleno dominio:

Apoio núm. 9-1, m2 2.0.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

Metros lineais aéreos 87.0-metros cadrados aéreos 849.0.

Número de predio: 25.

Lugar: Eira de Dentro.

Cultivo: prado.

Propietario: José Gilda Pereira.

Afección de solo en pleno dominio:

Apoio núm. 9-5, m2 2.0.

Afección de suelo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

Metros lineais aéreos 85.0-metros cadrados aéreos 846.0.