Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2016 Páx. 50000

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de coordinación do desenvolvemento e implantación da Administración xudicial electrónica na Administración de xustiza en Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 57/2016).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é a prestación do servizo de asesoramento especializado, apoio estratéxico e coordinación tecnolóxica e funcional das iniciativas a desenvolver no marco da implantación efectiva do expediente xudicial electrónico e Administración electrónica xudicial na Administración de xustiza en Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Fecha de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 28.7.2016.

DOUE: 27.7.2016.

BOE: 6.8.2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 2.326.176,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 969.240,00 €, máis 203.540,40 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 1.172.780,40 € (un millón cento setenta e dous mil setecentos oitenta euros con corenta céntimos).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 23.9.2016.

b) Data de formalización do contrato: 21.10.2016.

c) Contratista: Pricewaterhousecoopers Asesores de Negocios, S.L.

d) Importe de adxudicación: 1.049.273,28 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia