Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2016 Páx. 49998

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de mantemento, evolución e soporte especializado de diversos sistemas de información do eido de igualdade (expediente 53/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é o servizo de mantemento, evolución funcional e tecnolóxica e soporte especializado de diversos sistemas de información vinculados ao eido de igualdade.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Fecha de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do 21 de xuño de 2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 164.160 €.

5. Orzamento base de licitación: 68.400 € máis 14.364 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 82.764 € (oitenta e dous mil setecentos sesenta e catro euros).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 21.9.2016.

b) Data de formalización do contrato: 23.9.2016.

c) Contratista: Bahía Software, S.L.

d) Importe de adxudicación: 70.800 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia