Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2016 Páx. 50002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de mantemento, evolución e soporte especializado de diversos espazos e servizos na internet do eido da cultura dependentes da Xunta de Galicia (expediente 6/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de mantemento, evolución funcional e tecnolóxica, e soporte especializado de diversos espazos e servizos na internet do eido cultural:

• Espazo web Cultura de Galicia: www.cultura.gal.

• Axenda Cultural de Galicia: http://www.cultura.gal/gl/axenda.

• Libraría Institucional: https://libraria.xunta.gal/.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Fecha de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 16.12.2015.

DOUE: 12.12.2015.

BOE: 26.12.2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria, anticipado de gasto.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 224.509,08 €.

5. Orzamento base de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 93.545,45 €, máis 19.644,55 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 113.190,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 17.6.2016.

b) Data de formalización do contrato: 26.10.2016.

c) Contratista: Balidea Consulting and Programming, S.L.

d) Importe de adxudicación: 98.462,42 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia