Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2016 Páx. 49846

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (504/2014).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 504/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Irene Salgado Vázquez contra Sitel Ibérica Teleservices, S.A., Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L., Global Sales Solutions Line, S.L., Gestión de Servicios y Emergencias y Atención al Ciudadano, S.A., Fogasa, Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia sobre ordinario, se ditou Sentenza do 17 de outubro de 2016, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por instancia de Irene Salgado Vázquez, representada pola letrada Sra. Romero Salgado, contra as entidades Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L. e Global Sales Solutions Line, S.L., representadas e asistidas pola letrada Sra. Trevijano Álvarez, contra a Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia 061, representada e asistida pola letrada Sra. Tarrío Vila e contra as entidades Gestión Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano (GSE) e Sitel Ibérica Teleservices, S.A., ademais de Fogasa que non comparecen malia estar debidamente citados, sobre recoñecemento de dereito-cesión ilegal e, en consecuencia, debo condenar e condeno as codemandadas a recoñecer á traballadora demandante o dereito á consideración de persoal laboral indefinido non fixo da Fundación Pública Urxencias Sanitarias 061-Galicia, polo motivo de "cesión ilegal de man de obra", optando pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias 061-Galicia, cunha antigüidade na prestación de servizos desde o 5.12.1997, grupo 9, condenando a Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia 061 a retribuíla conforme a devandita antigüidade e categoría cos emolumentos salariais do convenio colectivo para o persoal laboral do sector sanitario de Galicia xestionado por fundacións públicas sanitarios ou empresas públicas.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co número 1596, clave 65, debendo indicar no campo concepto "recurso" seguido do código "34 social suplicación", acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como; no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Gestión de Servicios y Emergencias y Atención al Cidadano, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza