Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2016 Páx. 49848

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (436/2014).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 436/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Dolores Vázquez Rey contra Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L., Global Sales Solutions Line, S.L., Gestión Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A., Fogasa, Fondo de Garantía Salarial, Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 sobre ordinario, se ditou sentenza do 17 de outubro de 2016, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por instancia de María Dolores Vázquez Rey, representada pola letrada Sra. Romero Salgado, contra as entidades Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L. e Global Sales Solutions Line, S.L., representadas e asistidas pola letrada Sra. Trevijano Álvarez, contra a Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia 061, representada e asistida pola letrada Sra. Tarrío Vila e contra a entidade Gestión Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano e Fogasa, que non comparecen malia estar debidamente citados, sobre recoñecemento de dereito-cesión ilegal e, en consecuencia, debo condenar e condeno as codemandadas a recoñecer á traballadora demandante o dereito á consideración de persoal laboral indefinido non fixo da Fundación Pública Urxencias Sanitarias 061-Galicia, polo motivo de "cesión ilegal de man de obra", optando pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias 061-Galicia, cunha antigüidade na prestación de servizos desde o 8 de maio de 2000, grupo 9, e ser retribuída conforme a devandita antigüidade e categoría cos emolumentos salariais do convenio colectivo para o persoal laboral do sector sanitario de Galicia xestionado por fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co número 1596, clave 65, debendo indicar no campo concepto "recurso" seguido do código "34 social suplicación", acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como; no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Gestión Servicios de Emergencia y Atención al Cidadano, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtaselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza