Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2016 Páx. 49868

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, polo que se notifica a resolución do expediente RP-0038/2016-OU-INC.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente RP-0038/2016-OU-INC.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo do seu domicilio (Ourense) ou de Santiago de Compostela, á súa elección, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que o interesado poida exercer o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou esta resolución, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2016

Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural

ANEXO

Expediente: RP-0038/2016-OU-INC.

Interesado: Ricardo Rodríguez Rodríguez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Novas, Xinzo de Limia, Ourense.