De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado, á persoa que a continuación se indica, a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.
A persoa interesada poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte á publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
O correspondente expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial de Vigo, da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, no prazo de dous meses desde o día seguinte á publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, onde poderá comparecer a persoa interesada para o coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborais e das 9.00 ás 14.00 horas.
Nº de expediente: 2016/103-36.
Interesado: Alberto Padial Andrino.
Enderezo: descoñecido.
Asunto: notificación dunha resolución administrativa de data 30 de setembro de 2016.
Vigo, 5 de outubro de 2016
Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo