Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2016 Páx. 49870

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza unha propietaria da concentración parcelaria de Filgueira de Barranca-Trasanquelos (Oza-Cesuras-A Coruña), para ser notificada por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a Lucía Regaldíe Santiago, propietaria nº 867 da zona de concentración parcelaria de Filgueira de Barranca-Trasanquelos (Oza-Cesuras-A Coruña), para ser notificada dunha resolución relativa ao proceso de concentración da devandita zona, que a afecta.

Así mesmo, este anuncio publicase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A interesada poderá coñecer o contido íntegro da resolución mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra a referida resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, con independencia de que a interesada poida exercer calquera outro que coide pertinente.

A Coruña, 26 de outubro de 2016

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña