Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2016 Páx. 49862

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 25 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2016/234-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e queda condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado ao titular da empresa citada no anexo, sen que fose posible, polo que se lle notifica por medio deste anuncio a resolución recaída no correspondente expediente sancionador.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A interesada dispón do prazo dun mes, contado a partir do día segunte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego, Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º, de A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselle de que, de non interpoñer recurso en tempo e forma, deberá aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderá solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 29 do mes seguinte ao da notificación.

– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 5 de decembro).

A Coruña, 25 de outubro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: RL 2016/234-1.

Acta Inf. nº: I152015000148935.

Empresa: All Super Cell, S.L.

NIF: B66172743.

Concello: Sant Cugat del Vallés (Barcelona).

Materia: relacións laborais.

Data de resolución: 3 de outubro de 2016.