De conformidade co disposto no artigo 44 de la Ley 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior, e sendo descoñecido o propietario dos predios que se sinalan no anexo, a seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte á súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 de la Ley 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Infórmanse os interesados de que o expediente correspondente á instalación eléctrica (expediente IN407A 2016/579-4) está á súa disposición durante un prazo de vinte (20) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, rúa Fernández Ladreda, nº 43, 5ª planta (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Pontevedra, 26 de outubro de 2016
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Enderezo |
Referencia catastral |
Concello |
Castro |
36007A027006310000DI |
Campo Lameiro |
Fretal |
36007A027004990000DD |
Campo Lameiro |