Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2016 Páx. 49818

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados/as.

En virtude da Resolución do 19 de setembro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 183, do 26 de setembro, aprobáronse as listaxes provisionais de persoas admitidas no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados/as.

Unha vez transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de reclamacións sobre as ditas relacións de persoas admitidas, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e coa base I.4.2. das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 85, do 4 de maio, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados/as.

Non se aprecia causa de exclusión do proceso de ningunha das persoas interesadas que presentan solicitude de participación.

A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública