Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2016 Páx. 49820

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as.

En virtude da Resolución do 19 de setembro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 183, do 26 de setembro, aprobáronse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as.

Unha vez transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de reclamacións sobre as ditas relacións de persoas admitidas e excluídas, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e coa base I.4.2. das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 84, do 3 de maio, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as.

A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aqueles/as aspirantes definitivamente excluídos/as que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos. Para a devolución do importe ingresado por aqueles/as outros/as aspirantes que non fixeron constar eses datos e figuren nesta resolución como excluídos/as será necesaria a presentación dun escrito no que o/a interesado/a faga constar o número de conta, a entidade bancaria e a localidade desta ou dun certificado expedido pola entidade no que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso dos solicitantes admitidos provisional ou definitivamente.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

Anexo
Relación de aspirantes excluídos/as

Acceso libre

Apelidos e nome

NIF

Quenda

Motivo da exclusión

Arias Montenegro, Antonio

79026514D

Libre

17, 20, 58

Fernández Lorenzo, María Asunción

34983177Q

Libre

17, 20, 58

Seoane Bouzas, Miguel

47376708C

Libre

17, 20, 58

Tomé García, Marta

44825164G

Libre

16

Código

Descrición

16

Documento xustificativo exención taxas non presentado

17

Doc. xustif. demandante emprego 6 meses antes convocatoria non presentado

20

Taxas non aboadas

58

Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non presentado