Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2016 Páx. 49236

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 583/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 583/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Campos Suárez contra Newco Airports Services, S.A., comisión de seguimento do ERE, Fondo de Garantía Salarial, Aeropuertos Españoles y Navegación Aérea Aena, sobre ordinario, foi ditada sentenza con data do 4 de agosto de 2016, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decido:

Estimar parcialmente a demanda interposta por Carlos Campos Suárez contra Newco Airports Services, S.A. e, en consecuencia, recoñecer o dereito preferente do demandante a ocupar as prazas vacantes ofertadas na convocatoria de 24 de marzo de 2012 das referidas no feito probado quinto, con condena de Newco Airports Services, S.A. a estar e pasar por esta declaración e a indemnizar o demandante por vulnerar o seu dereito preferente a ocupar tales prazas mediante o pagamento da cantidade de 7.464 euros.

Desestimar o resto de pretensións da demanda e absolver os codemandados Aena, Francisco Javier Ramos Benito, Severino Mallo Nieto e Fernando Pombo Mallo, Antonia Magdaleno Carmona e Pedro Tortosa Mondéjar, das pretensións exercidas contra estes.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que, ao tempo de anuncialo, acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente-causa dun deles ou beneficiaria do réxime público de seguridade social ou non desfrute do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 euros na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada de XAT do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, en funcións de reforzo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Newco Airports Services, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza