Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2016 Páx. 49218

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2031/2016 IP).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 2031/2016 IP

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 643/2015 Xulgado do Social número 5 da Coruña

Recorrente: María José Pérez Souto

Avogado: José Nogueira Esmorís

Recorridas: Fogasa, Sumtec, S.L., General Panels, S.L., Puertas Blindex, S.L.

Avogados: Fogasa, Tamara Vallejo Martínez, Tamara Vallejo Martínez, (…)

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2031/2016 desta sección, seguido por instancia de María José Pérez Souto contra Fogasa, Sumtec, S.L., General Panels, S.L., Puertas Blindex, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., administración concursal Sumtec, S.L. (Jaime Fernández-Obanza Carro), Caamaño y Bianchi Sociedad de Inversiones, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos:

Desestimando totalmente o recurso de suplicación interposto por María José Pérez Souto contra a Sentenza do 26 de xaneiro de 2016 do Xulgado do Social número 5 da Coruña, ditada en xuízo seguido por instancia do recorrente contra a entidade mercantil Sumtec, Sociedad Limitada, a súa administración concursal, a entidade mercantil Puertas Blindex, Sociedad Limitada, a entidade mercantil General Panels, Sociedad Limitada, a entidade mercantil Bianinver Sociedad de Inversiones, Sociedad Limitada e a entidade mercantil Caamaño y Bianchi Sociedad de Inversiones, Sociedad Limitada, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, a sala confírmaa integramente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo "Observacións ou concepto da transferencia" os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Puertas Blindex, S.L. e Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza