Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 7 de novembro de 2016 Páx. 49067

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 da Coruña

EDICTO (DCT 134/2016).

Divorcio contencioso 134/2016

Sobre divorcio contencioso

Demandante: Ana Beatriz Blanco Aradas

Procurador: Ricardo Sanzo Ferreiro

Avogado: Juan Eugenio Hernández Escobar

Demandado: Juan José Collazo Aguiar

Eu, María Fernanda Ulloa Rodríguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado do meu cargo se tramita demanda de divorcio 134/16, por instancia de Ana Beatriz Blanco Aradas, representada polo procurador Sr. Sanzo Ferreiro e asistida do letrado Sr. Hernández Escobar, contra Juan José Collazo Aguiar, en situación de rebeldía procesual, e na devandita demanda ditouse sentenza o 10 de outubro de 2016, que estiama a demanda.

E para que conste e sirva como notificación de sentenza ao demandado rebelde Juan José Collazo Aguiar, en paradoiro descoñecido, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, facéndolle saber que esta non é firme e que poderá interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días ante este xulgado, expido e asino este edicto.

A Coruña, 17 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza