Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 7 de novembro de 2016 Páx. 49068

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (814/2015-C).

Mónica Rubia López, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal número 814/15-C, seguido por instancia de C. Prop. Avda. Montserrat Urbanización Los Arces, Eirís (A Coruña) fronte a Pedro Durán Meizoso, ditouse sentenza, o 29 de marzo de 2016.

E encontrándose o devandito demandado, Pedro Durán Meizoso, en paradoiro descoñecido, expídese este anuncio co fin de que sirva de notificación en forma a este. O interesado poderá dirixirse a esta oficina do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, co fin de ter coñecemento íntegro do acto e fáiselle saber que contra esta cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial no prazo de vinte días hábiles.

A Coruña, 26 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza