Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 7 de novembro de 2016 Páx. 49066

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 da Coruña

EDICTO (442/2015).

María Fernanda Ulloa Rodríguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado do seu cargo se tramita demanda de divorcio 442/2015, por instancia de Carlos de la Fuente Betancourt, representado por la procuradora Sra. Martí Rivas e asistido da letrada Sra. Fernández Chao González Dopeso, contra Carolina de Anda Garza, en situación de rebeldía procesual, e na dita demanda se ditou sentenza con data do 11 de outubro de 2016, estimando a demanda.

E para que conste e sirva como notificación de sentenza á demandada rebelde Carolina de Anda Garza, en paradoiro descoñecido, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e fágaselle saber que esta non é firme e que poderá interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días ante este xulgado, expido e asino este edicto.

A Coruña, 14 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza