Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 7 de novembro de 2016 Páx. 49093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 25 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai público un requirimento de documentación de axuda de promoción de emprego autónomo, regulada na Orde do 29 de decembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro), relativa ao expediente TR341J 2016/000048-3.

Intentada a notificación do dito requirimento segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido do requirimento que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para que poida realizar as alegacións e presentar a documentación que xulgue oportuna, no prazo de quince (15) días hábiles, que comezarán a contar a partir do día seguinte ao desta publicación.

Á vista das alegacións e da documentación achegada, ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, ditarase a resolución que corresponda.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. da Habana, 79, 7º andar, en Ourense, e a obter, de ser o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 25 de outubro de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: TR341J 2016/000048-3.

Nome ou razón social: María de Fátima Pinto Moreira.

DNI/NIF/NIE/CIF: X3614665P.

Último domicilio coñecido: rúa San Antón, 70, 2º C, 32600 Verín, Ourense.

Tipo de axuda: subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia.

Contido da notificación: requirimento.

Orden da convocatoria das axudas: Orde do 29 de decembro de 2015 (DOG nº 248, do 30 de decembro).