Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 7 de novembro de 2016 Páx. 49092

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2016/576-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: IES Montecelo (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria).

Domicilio social: avda. Montecelo, 16, 36161 Pontevedra.

Denominación: LMTS MUR804 e CS IES Montecelo.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 105 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo-subterráneo proxectado no apoio nº 10-5 (HVH 1600/13) da liña MUR804, no tramo MUR8040010 e final no centro de seccionamento proxectado. Centro de seccionamento, cun bloque compacto de catro celas de liña (dúas delas quedan de reserva), con illamento e corte en SF6, situado na parcela do IES Montecelo, avenida de Montecelo, 16, Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 25 de outubro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra