Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2016 Páx. 48858

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2016 pola que se redistribúen e se amplían os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 10 de agosto de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión, mobilidade alternativa e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industrial e de servizos para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

1. Mediante a Resolución do 10 de agosto desta dirección referida no encabezamento, publicada no Diario Oficial de Galicia número 171, do 8 de setembro de 2016, acordouse a aprobación das bases reguladoras xunto coa convocatoria de subvencións, cuxo procedemento administrativo de concesión se tramitará en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión, mobilidade alternativa e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industrial e de servizos.

2. Tal e como consta na parte expositiva da citada resolución, o financiamento desta convocatoria faise con cargo aos orzamentos do Instituto Enerxético de Galicia para os anos 2016 e 2017. A procedencia dos fondos é de diversa natureza: fondos da Comunidade Autónoma, fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e fondos dos orzamentos xerais do Estado.

No transcurso do procedemento administrativo de concesión das axudas, cando xa rematou o prazo de presentación de solicitudes (8.10.2016), e nalgunha das epígrafes o número de solicitantes é inferior ao agardado, mentres que noutras o volume de axuda solicitada superou a dispoñibilidade orzamentaria, cómpre facer unha redistribución de fondos entre as distintas epígrafes e ampliar o crédito orzamentario.

O artigo 3 da resolución, relativo ao financiamento, prevé unha dotación inicial de 5.052.533,50 euros con cargo á aplicación orzamentaria 09.A2.733A.770.0 e no parágrafo segundo dese mesmo artigo establécese que o crédito máximo poderá ser redistribuído se nalgunha das epígrafes non se rexistran solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles ou a calidade dos proxectos solicitados non alcanza a puntuación mínima exixida.

Nese mesmo artigo establécese a posibilidade de incrementar o crédito coa condición dunha maior dispoñibilidade derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2º do Decreto 11/2009, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Por todo o anterior, coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recursos públicos, maximizando o impulso de proxectos de aforro e eficiencia enerxética, atendendo á totalidade das solicitudes en cada un dos epígrafes da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Ampliar a dotación de fondos inicialmente prevista para esta convocatoria na contía de 713.614,46 euros na anualidade 2016 e 295.852,04 euros na anualidade 2017, polo que o importe total asignado para estas axudas con cargo á aplicación orzamentaria 09.A2.733A.770.0 tras esta ampliación ascende a 6.062.000,00 euros.

Segundo. Unha vez ampliados os fondos, estes redistribúense do seguinte xeito:

Liña de axuda

Dotación orzamentaria inicial

Modificacións

Dotación orzamentaria final

Anualidade 2016

Anualidade 2017

Total

Anualidade 2016

Anualidade 2017

Total

Anualidade 2016

Anualidade 2017

Total

AE - Auditorías enerxéticas

89.743,00

10.257,00

100.000,00

-3.172,48

3.172,48

0,00

86.570,52

13.429,48

100.000,00

MA - Mobilidade con combustibles alternativos

358.972,00

41.028,00

400.000,00

-125.231,59

-4.768,41

-130.000,00

233.740,41

36.259,59

270.000,00

SX - Implantación sistemas de xestión

89.743,00

10.257,00

100.000,00

-68.100,37

-6.899,63

-75.000,00

21.642,63

3.357,37

25.000,00

PAE - Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industrial e ESE

3.457.375,50

395.158,00

3.852.533,50

5.445,32

142.021,18

147.466,50

3.462.820,82

537.179,18

4.000.000,00

PAE - Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector servizos

538.457,00

61.543,00

600.000,00

904.673,58

162.326,42

1.067.000,00

1.443.130,58

223.869,42

1.667.000,00

Total

4.534.290,50

518.243,00

5.052.533,50

713.614,46

295.852,04

1.009.466,50

5.247.904,96

814.095,04

6.062.000,00

Terceiro. A eficacia da presente resolución producirase coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia