Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2016 Páx. 48887

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1013/2012).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1013/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Ramón Jamardo Bascoy contra a empresa Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., Fogasa, Juan Manuel Capella Pérez como administrador concursal de Campiñas de Laíño, S.A., e Mª José Lorenzo Gómez administradora concursal de Refojo y González S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido:

Que estimando integramente a demanda interposta por Ramón Jamardo Bascoy contra Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L. e Hipescar, S.L., Juan Manuel Capella Pérez, como administrador concursal de Campiñas de Laíño, S.A., e contra María José Lorenzo Gómez, administradora concursal de Refojo y González, S.L. e Fogasa, debo condenar e condeno solidariamente as mercantís demandadas Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L. e Hipescar, S.L. a que lle aboen ao demandante a suma de 18.498,72 euros polos conceptos indicados no feito probado sétimo desta sentenza, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; e debo condenar e condeno a Juan Manuel Capella Pérez e María José Lorenzo Gómez, na súa soa condición de administradores concursais a estar e pasar pola anterior declaración.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá observarse o que resulte do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Supremo, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza