Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2016 Páx. 48889

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (661/2013).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 661/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Suárez Vidal contra a empresa Excavaciones Migasa, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo:

Que estimando integramente a demanda interposta por Antonio Suárez Vidal contra Excavaciones Migasa, S.L. e Fogasa, debo condenar e condeno a mercantil demandada a lle aboar ao demandante a suma de 2.199,51 euros brutos polos conceptos e coa desagregación efectuada no feito probado cuarto da presente resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia. Deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Excavaciones Migasa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza