Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2016 Páx. 48881

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (367/2015).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento da Seguridade Social 367/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Xosé Luis Lado Martínez contra Algareira, S.L., Instituto Social da Mariña, Servizo Público de Emprego Estatal, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Albacora, S.A., empresa Hermanos Docal Loureiro, S.L., empresa Compañía Internacional de Pesca y Derivados, S.A., sobre seguridade social, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por Xosé Luis Lado Martínez contra o Instituto Social da Mariña e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, en consecuencia, debo declarar e declaro que a base reguladora da pensión de xubilación que corresponde a Xosé Luis Lado Martínez ascende a 2.365,12 euros, e debo condenar e condeno o Instituto Social da Mariña a se ater a esta declaración e ao aboamento da pensión de xubilación con efectos, actualizacións, revalorizacións e melloras regulamentarias que sexan de aplicación.

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Xosé Luis Lado Martínez fronte ao Servizo Público de Emprego Estatal e ás entidades Albacora, S.A., Compañía Internacional de Pesca y Derivados, S.A., Algareira, S.L. e Hermanos Docal Loureiro, S.L. e, en consecuencia, debo absolvelas das pretensións formuladas na súa contra.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Hermanos Docal Loureiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza