Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2016 Páx. 48906

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 18 de outubro de 2016, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións dos recursos de alzada ditadas en expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00192-O-2015 e seis máis).

A persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade, ditou as resolucións dos recursos de alzada presentados nos expedientes sancionadores número OU-00192-O-2015 e outros seis máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no enderezo que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5 A, 2º, Santiago de Compostela.

Contra as devanditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o dito importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2016

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

Resolución recurso

OU-00192-O-2015

2834-HFL

Nieto Ares, S.L.

B36283331

Realizar o transporte de mercadorías perecedoiras sen levar no vehículo as marcas de identificación e indicacións regulamentarias ou levalas en lugares distintos aos establecidos.

23.1.2015; 17.19; A-52; 203,0

Art. 142.16 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 €

Desestimado

PO-00982-O-2014

9314-GSY

El Palangre Suministros

Navales, S.L.

B70230313

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

15.2.2014; 10.18; PO-552; 19,3

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 €

Desestimado

PO-01127-O-2014

6618-FKT

Transtanoa, S.L.

B94028263

Diminución do descanso diario normal en máis de 1 hora (sobre 11 horas). Atenuante: igual ou superior a 8 horas e 30 minutos e inferior a 10 horas.

28.2.2014; 18.35; A-55; 15,0

Art. 142.19 LOTT

Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 €

Desestimado

PO-01128-O-2014

6618-FKT

Transtanoa, S.L.

B94028263

Diminución do descanso diario normal en máis de 1 hora (sobre 11 horas). Atenuante: igual ou superior a 8 horas e 30 minutos e inferior a 10 horas.

28.2.2014; 18.35; A-55; 15,0

Art. 142.19 LOTT

Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 €

Desestimado

XC-04305-O-2014

2792-GTH

Nieto Ares, S.L.

B36283331

A realización de transportes públicos de mercadorías, así como a contratación como carrexador ou a facturación en nome propio de servizos de transporte, carecendo da autorización, sempre que se acredite que no momento de realizalos ou contratalos, se cumprían todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguintes á notificación do inicio do expediente.

24.4.2014; 11.46; AP-9; 81,0

Art. 142.1 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 €

Desestimado

XC-04364-O-2014

9442-HBN

Nieto Ares, S.L.

B36283331

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

2.5.2014; 17.13; N-634; 679,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 €

Desestimado

XC-04943-O-2014

6610-GGX

Transtanoa, S.L.

B94028263

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 9 horas). Máis de 9 horas ata 10 horas.

14.7.2014; 12.06; N-634; 663,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 €

Desestimado