Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2016 Páx. 48903

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 18 de outubro de 2016, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-00163-S-2016 e once máis).

A persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade ditou a resolución dos expedientes sancionadores número PO-00163-S-2016 e outros once máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, as persoas interesadas deberán aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se lles facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2016

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-00163-S-2016

4974-CDL

Transportes Manete Padrón, S.L.

B27774413

O inadecuado funcionamento imputable ao transportista do tacógrafo, ou dalgún dos seus elementos.

21.7.2015; 6:05; r/ Falperra con paseo Alfonso XII

Artigo 140.33 da LOTT

Artigo 143.1.g) da LOTT

1.001 €

PO-02629-S-2015

1160-FTZ

Samper Martínez, José Ramón

38821104W

Falsificación das follas de rexistro, cartóns de condutor, o falseamento do seu contido ou dos documentos de impresión obrigatorios.

29.4.2015; 2.54; avenida de Madrid

Artigo 140.9 da LOTT

Artigo 143.1.i) da LOTT

4.001 €

PO-02630-S-2015

1160-FTZ

Samper Martínez, José Ramón

38821104W

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

29.4.2015; 2.54; avenida de Madrid

Artigo 140.35 da LOTT

Artigo 143.1.g) da LOTT

1.001 €

PO-02686-O-2015

3624-GPN

Ta Yu

Y0579617P

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

7.5.2015; 15.46; PO-531; 2,5

Artigo 140.23 da LOTT

Artigo 143.1.h) da LOTT

4.000 €

PO-03291-S-2015

1451-GXM

Antonio Manuel Dios Iglesias

35466991W

A realización de servizos de taxi ou de arrendamento de vehículos con condutor carecendo dos preceptivos títulos habilitantes ou con estes suspendidos, anulados, caducados, revogados, sen ter realizado o visado obrigatorio ou por calquera outra causa ou circunstancia pola que as referidas habilitacións expedidas para exercer a actividade xa non sexan válidas. No suposto de que a infracción consista na falta de visado obrigatorio e este se realizase con anterioridade á data de resolución do procedemento sancionador, a infracción terá a cualificación de leve.

28.6.2015; 00.15; rúa Daniel de la Sota

Artigo 60.a) da Lei 4/2013

Artigo 63 da Lei 4/2013

2.001 €

PO-03395-O-2015

5396-CXF

Escenarent, S.L.

B36463446

Realizar transporte público de mercadorías carecendo do título habilitante.

28.6.2015; 9.38; AG-41; 19,0

Artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.i) da LOTT

4.001 €

PO-03656-O-2015

7124-DKJ

Adis Car Ibérica, S.L.

B27720598

A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

20.6.2015; 3:02; AP-9, 137,5

Artigo 140.34 da LOTT

Artigo 143.1.g) da LOTT

1.001 €

PO-03691-O-2015

PO-5031-BP

Distribuciones Marmel, C.B.

E27744614

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

4.7.2015; 5:31; PO-531; 2,5

Artigo 140.23 da LOTT

Artigo 143.1.h) da LOTT

4.000 €

PO-03782-S-2015

0430-FPD

Faro das Luas, S.L.

B36555290

Transporte de mercadorías perigosas sen a carta de porte preceptiva para as mercadorías perigosas transportadas.

5.6.2015; 9.15; avenida de Galicia

Artigo 140.15.8 da LOTT

Artigo 143.1.i) da LOTT

4.001 €

PO-03954-O-2015

PO-5969-BG

Soynaci, S.L.

B36177004

A falta de identificación do condutor nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso, consistente en non consignar os apelidos e/ou nome, ou non consignar toda a información cando as normas da UE reguladoras da materia lle atribuían a consideración de infracción moi grave.

15.7.2015; 17.48; PO-531; 10,0

Artigo 140.22 da LOTT

Artigo 143.1.h) da LOTT

2.001 €

PO-03960-O-2015

2701-HFV

Caral Congresos, S.L.

B15963325

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

23.7.2015; 11.22; AP-9; 157,0

Artigo 140.23 da LOTT

Artigo 143.1.h) da LOTT

4.000 €

PO-04079-O-2015

5234-CNH

Leotrans 3000, S.L.

B70294566

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

7.7.2015; 18.23; AP-9; 137,5

Artigo 140.35 da LOTT

Artigo 143.1.g) da LOTT

1.001 €