Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 3 de novembro de 2016 Páx. 48795

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 13 de outubro de 2016 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente COR/019/2016-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultaren as persoas destinatarias ausentes na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística COR/019/2016-RP1 a Manuel Augusto e a Cassilda Vieira dos Santos, en relación coas obras consistentes na construción dunha nave, vivenda unifamiliar, edificación auxiliar e soleira de formigón que se levan a cabo en Monte da Raposa, lugar Peiro de Abaixo, parroquia de Veiga, no termo municipal de Culleredo, provincia da Coruña.

O expediente relacionado atópase á disposición das persoas interesadas na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, para presentaren alegacións e os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Para que conste e sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística