Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 3 de novembro de 2016 Páx. 48796

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 14 de outubro de 2016 polo que se notifica acordo adoptado no procedemento sancionador que se indica, incoado por infracción da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, porque intentadas as notificacións do dito acordo non se puideron practicar (expediente SANC/MG/17/16).

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación do Consello Reitor da Axencia (Acordo do 14 de outubro de 2013, publicado por Resolución do 23 de xaneiro de 2014 (DOG do 6 de febreiro de 2014)), adoptou acordo de ampliación da incoación do procedemento sancionador que se indica, iniciado por infracción da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (LEG). Intentada a notificación persoal deste acordo non foi posible a súa práctica.

Por medio do presente anuncio, e segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emprázanse as persoas interesadas que se indican no anexo para ser notificadas por comparecencia do acto cuxo contido se sinala. A comparecencia que poderán realizar deberá efectuarse no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa, da Axencia Galega de Infraestruturas, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no Servizo de Infraestruturas da Delegación da Axencia na provincia correspondente. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único citado.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Expediente: SANC/MG/17/16, ref. bis 151/15.

Provincia: Pontevedra.

Feito imputado: instalar cartel publicitario visible desde a zona de dominio público da estrada.

Interesados: Hotel Xunca Blanca. Modesto Rodríguez Moreira. Moreira y Garrido, S.L.

Estrada afectada: PO-550, Cambados-A Lanzada.

Concello do último domicilio coñecido dos interesados: Vigo.

Acto notificado: acordo de ampliación da incoación do procedemento sancionador.