Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 3 de novembro de 2016 Páx. 48704

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2016 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 17 de xuño de 2016 pola que se adxudican as axudas do anexo I, modalidade A, da Orde do 18 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria.

A Orde do 18 de febreiro de 2016 (DOG núm. 44, do 4 de marzo) establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Axencia Galega de Innovación (en diante, Gain), en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

Mediante a Resolución do 17 de xuño de 2016 (DOG núm. 122, do 29 de xuño) adxudícanse as axudas da modalidade A ás entidades que contraten as persoas seleccionadas para unha praza do Programa de apoio á etapa de formación posdoutoral que se relacionan no seu anexo I.

No artigo 16 da orde de convocatoria indícase que no caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción da relación laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala á Secretaría Xeral de Universidades ou á Gain (segundo sexa o caso), e que se poderá adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza dentro do prazo de tres meses a partir da data de publicación da resolución de concesión. Tamén se indica que as renuncias soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da listaxe de espera da modalidade e do órgano instrutor en que se produzan e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo de aproveitamento da axuda.

En consecuencia, atendendo á renuncia recibida na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,

RESOLVEMOS:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada da modalidade A das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral presentada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), correspondente á persoa seleccionada que se indica a continuación:

Nº expediente

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Zona 1º ano

Zona 2º ano

Nota avaliación

ED481B 2016/126-0

USC

Regueiro

Abelleira

Leticia

******85F

Enxeñaría e Arquitectura

2

2

79,9

Segundo. Adxudicar a axuda correspondente a esta renuncia á primeira solicitude da listaxe de agarda, de acordo co artigo 16 da orde de convocatoria, correspondente á seguinte entidade e persoa investigadora:

Nº expediente

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Zona

1º ano

Zona

2º ano

Nota avaliación

ED481B 2016/228-0

USC

Cambón

Freire

Adriana

******61H

Ciencias da Saúde

2

2

77

Terceiro. Declarar extinguidas as listas de espera da modalidade A destas axudas.

Cuarto. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas entre as universidades do SUG, segundo a renuncia e a nova incorporación, tal como se indica na seguinte táboa:

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº de prazas

Crédito (en euros)

2016

2017

2018

2019

Total

10.40.561B.444.0

UDC

6

79.858,33

230.000,00

225.541,67

146.600,00

682.000,00

USC

27

362.494,46

1.043.218,07

1.028.387,47

657.400,00

3.091.500,00

UVIGO

18

256.731,97

706.634,71

681.933,32

430.200,00

2.075.500,00

Total

51

699.084,76

1.979.852,78

1.935.862,46

1.234.200,00

5.849.000,00

Quinto. A data de comezo do contrato será o 1 de novembro de 2016.

Sexto. A entidade beneficiaria deberá remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e vinculará a persoa seleccionada aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Sétimo. O artigo 12 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no caso de solicitudes pertencentes ao SUG, e ante a persoa titular da presidencia da Gain nos restantes casos, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2016

Román Rodríguez González Francisco Conde López
Conselleiro de Cultura, Educación Presidente da Axencia Galega
e Ordenación Universitaria de Innovación