Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2016 Páx. 48666

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO de licitación do contrato de xestión indirecta mediante concesión do servizo público de recollida, transporte e tratamento de residuos domésticos e asimilables, suxeito á regulación harmonizada.

Mediante acordo plenario, con data do 19 de outubro de 2016, aprobouse o expediente de contratación para a licitación da xestión do servizo público de recollida, transporte e tratamento de residuos domésticos e asimilables no termo municipal de Marín.

Os datos básicos desta licitación son os seguintes:

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de Marín.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría.

2º. Domicilio: avenida de Ourense, s/n.

3º. Localidade e código postal: Marín (Pontevedra), CP 36900.

4º. Teléfono: 986 88 03 00.

5º. Fax: 986 88 20 13.

6º. Correo electrónico: secretaria@concellodemarin.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://concellodemarin.es/perfil-do-contratante-2

d) Número de expediente: 324/2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: concesión de servizos ou xestión de servizos públicos suxeito á regulación harmonizada.

b) Descrición: contrato de xestión dos servizos públicos de recollida, transporte e tratamento de residuos domésticos e asimilables do concello de Marín, suxeito á regulación harmonizada, na modalidade de concesión.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución: termo municipal de Marín.

e) Prazo da execución: oito (8) anos.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 90000000-7; 90500000-2; 90510000-5; 90511000-2; 90511100-3; 90511200-4; 90511300-5; 90511400-6; 90512000-9; 90513000-6; 90514000-3; 90520000-8; 90900000-6; 90910000-8; 90918000-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non procede.

d) Criterios de adxudicación: os indicados na cláusula 16 do PCAP, que se enumeran a continuación:

• Criterios non avaliables mediante cifras ou porcentaxes (sobre B): máximo de 34 puntos.

– Planificación da explotación dos servizos, ata un máximo de 21 puntos.

– Maquinaria, material móbil e demais equipos ofertados, ata un máximo de 8 puntos.

– Programa de motivación social e información cidadá, ata un máximo de 2,5 puntos.

– Instalacións fixas e infraestruturas ofertadas, ata un máximo de 2 puntos.

– Sistema de autocontrol de calidade das prestacións, ata un máximo de 0,5 puntos.

• Criterios avaliables mediante cifras ou porcentaxes (sobre C): máximo de 66 puntos.

– Valoración oferta económica, ata un máximo de 60 puntos.

– Melloras referidas aos aspectos enumerados na cláusula 11.3 do PCAP, ata un máximo de 6 puntos.

Limiar mínimo de puntuación: só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C, daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 20 puntos.

4. Valor estimado do contrato (cláusula 3 PCAP):

a) Valor estimado anual, IVE excluído: 1.425.303,83 €.

b) Valor estimado total, IVE excluído: 11.402.430,67 €.

5. Tipo de licitación:

a) Importe neto anual: 1.425.303,83 €. Importe total anual: 1.567.834,22 €.

b) Importe neto total: 11.402.430,67 €. Importe total: 12.542.673,74 €.

6. Garantías exixidas: (cláusula 13 do PCAP).

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): 5 por cento do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo, categoría): non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional:

– Acreditación da solvencia económica e financeira (cláusula 9.1 PCAP): por un ou varios dos medios seguintes: a) Patrimonio neto, ou ben, ratio entre activos e pasivos, ao peche do último exercicio económico para o cal estea vencida a obrigación de aprobación de contas anuais por importe igual ou superior ao valor anual estimado do contrato e 1,5 respectivamente. b) O volume anual de negocios do licitador ou candidato, que referido ao ano de maior volume de negocio dos 3 últimos concluídos, deberá ser ao menos unha vez e media o valor anual do contrato.

– Documentación acreditativa da solvencia técnica e profesional (cláusula 9.2 PCAP): unha relación dos principais servizos ou traballos similares realizados nos últimos cinco anos, que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, destes. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados de boa execución, expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

Para considerar acreditada a solvencia técnica, será necesario que se cumpra algunha das seguintes condicións: que o licitador acredite, mediante certificados de boa execución, prestar un servizo de características similares ao obxecto do contrato de maneira satisfactoria, cunha duración mínima de cinco anos, a unha poboación de cando menos 20.000 habitantes. Ou ben que o licitador acredite, mediante certificados de boa execución, prestar servizos similares ao obxecto do contrato en alo menos tres poboacións diferentes de máis de 10.000 habitantes por poboación, cunha duración mínima de 5 anos.

c) Outros requisitos específicos: dispoñer dun seguro de responsabilidade civil no que o capital asegurado non sexa inferior a un 20 % do valor total do contrato (IVE excluído), sendo o capital mínimo asegurado, por vítima, de 300.000 €.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ata as 14.00 horas do 15.12.2016.

b) Modalidade de presentación: presencial.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Marín, situado na avenida de Ourense, s/n, Marín (Pontevedra), CP 36900, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As proposicións presentadas por correo deberán observar as formalidades previstas no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Documentación que hai que presentar: a exixida na cláusula 11 do PCAP.

9. Apertura de ofertas:

A apertura do sobre B (criterios non avaliables mediante cifras ou porcentaxes) terá lugar o día 23.12.2016, ás 13.00 horas, na sala de reunións da Xunta de Goberno Local do Concello de Marín. Tal día, non obstante, poderá ser demorado para o suposto de presentarse proposicións por correo ou de requirirse aclaracións, complementos ou emendas da documentación presentada. Neste caso, o día de apertura de proposicións comunicarase no perfil do contratante ou no taboleiro de anuncios do concello cunha antelación de, cando menos, dous (2) días ao da súa celebración.

10. Gastos de publicidade: a cargo do adxudicatario, ata a contía máxima de 2.000 euros.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 24.10.2016.

Marín, 24 de outubro de 2016

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa presidenta