Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2016 Páx. 48671

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal no núcleo de Reboredo, Ordes (expediente 192/2015).

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria do 27 de setembro de 2016, adoptou o seguinte acordo:

1º. Aprobar inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal no núcleo de Reboredo, Ordes.

2º. Someter o expediente a información pública durante dous meses mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia.

3º. Suspender as licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente (predio catastral 8804401NH4780N0001JG).

O prazo de exposición pública do expediente iniciarase o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Ordes, 6 de outubro de 2016

José Luis Martínez Sanjurjo
Alcalde presidente