Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2016 Páx. 48672

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato da explotación publicitaria do mobiliario urbano.

En cumprimento co disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato administrativo especial:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: 2015023763, ref. 2378.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo especial.

b) Descrición do obxecto: contratación da explotación publicitaria do mobiliario urbano do Concello de Ourense.

c) CPV: 79341000-6.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 28.1.2016, 29.1.2016 e 5.2.2016.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Canon mínimo: importe neto: 69.387,38 euros. IVE: 14.571,35 euros. Importe total: 83.958,73 euros/ano.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 8 de setembro de 2016.

b) Data de formalización: 6 de outubro de 2016.

c) Contratista: PM Trans Europe, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 91.327,00 euros. IVE: 19.178,67 euros. Importe total: 110.505,67 euros/ano.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta máis vantaxosa, xa que é a que máis puntos obtivo na valoración da proposición económica das ofertas admitidas, e cumprir esta con todos os criterios dos pregos de condicións, servindo todo iso como motivación.

Ourense, 6 de outubro de 2016

Jesús Vázquez Abad
Alcalde