Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2016 Páx. 48510

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de resolución (RSU 393/2014-RMR).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 393/2014

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 548/2013 Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrentes: Telefónica de España, S.A.

Avogada: María Marcela Pérez Crespo

Recorridos: Fogasa, Mobile Message Systems, S.A., Telemarketing Galicia, S.L., Telefonía Termatel, S.L., Silicon Val, S.L., Comunicaciones Eurotrónica, S.L., Blucom Redes y Comunicaciones, S.L., Guadatelefon, S.L., Telefónica Móviles España, S.A., Yazmin Rodríguez Conde, Francisco de Asís Detrell Núñez, María Ángeles Mandado de Miranda, Canal Telemarketing, S.L.

Avogado/a: Fogasa, Silvia Isabel Hinrichs Álvarez, María Marcela Pérez Crespo, Matías Movilla García, Cristina Catalán Hinrichs, Andrea Varela Barcia

Procurador: José Antonio Castro Bugallo

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 393/2014, seguido por instancia de Yazmin Rodríguez Conde, contra Telefónica de España, S.A., Fogasa e outros, sobre despedimento disciplinario, foi ditada polo Tribunal Supremo a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Por todo o exposto, en nome do Rei e pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu:

1. Desestimar os recursos de casación para a unificación de doutrina interpostos por Telefónica Móviles España, S.A.U. e Telefónica de España, S.A.U., representadas e defendidas pola letrada Sra. Pérez Crespo, contra a sentenza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 11 de abril de 2014, no recurso de suplicación n° 393/2014, interposto contra a sentenza ditada o 15 de outubro de 2013 polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, nos autos n° 548/2013, seguidos por instancia de Yazmin Rodríguez Conde contra Francisco de Asís Detrell Núñez, María Ángeles Mandado de Miranda, a empresa Canal Telemarketing, S.L., Guadaletefon, S.L., Telefonía Termatel, S.L., Blucom Redes y Comunicaciones, S.L., Comunicaciones Eurotrônica, S.L., Telemarketing Galicia, S.L., Silicon Val, S.L., Telefónica de España, S.A.U. e Telefónica Móviles de España, S.A.U. e Mobile Message Systems, S.A., sobre despedimento.

2. Declarar a firmeza da sentenza impugnada.

3. Impor ás recorrentes vencidas as custas derivadas do seu respectivo recurso de casación para a unificación de doutrina.

Notifíquese esta resolución ás partes e insírase na colección lexislativa».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mobile Message Systems, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza