Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2016 Páx. 48521

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (205/2016).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 205/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Pino Martínez González contra a empresa Legend Informática, S.L., Webb Legend, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que estimo a demanda interposta por Mª del Pino Martínez fronte ás empresas Legend Informática, S.L., Webb Legend, S.L. e fronte a Pablo Alberto Suárez Fernández, declaro improcedente o despedimento da traballadora demandante e, así mesmo, declaro extinguida a relación contractual entre a traballadora e a empresa demandada Legend Informática, S.L., e condénoa a que aboe á demandante as seguintes cantidades en concepto de indemnización: 31.222,96 euros, con absolución de Webb Legend, S.L. e de Pablo Alberto Suárez Fernández.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes a Lei reguladora da xurisdición social, que debe anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza. A recorrente debe consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación Depósitos e consignacións, co número 5081, especificando a clave 65, ao tratarse dun recurso de suplicación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Legend Informática, S.L., Webb Legend, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 10 de outubro de 2016

O letrado da Administración de xustiza