Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx. 48399

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (717/2015).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 717/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Zaharia Vasile contra Transportes Teolindo Dos Coruña, S.L., Fondo de Garantía Salarial, administración concursal da entidade Transportes Teolindo Dos Coruña, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Zaharia Vasile contra a entidade Transportes Teolindo Dos Coruña, S.L. e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Transportes Teolindo Dos Coruña, S.L. e a súa administración concursal a que aboen á demandante a cantidade de 839,77 euros líquidos, por salarios devindicados en maio de 2015, e a compensación económica polas vacacións non desfrutadas, durante a súa relación laboral, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e 612,82 euros, por indemnización por fin de contrato.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso».

E para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Teolindo Dos Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza