Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx. 48400

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 86/2016).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 86/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Aitor Pérez Dasilva contra a empresa Viveros Lumar, S.L.U., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Acordo:

a) Declarar a executada Viveros Lumar, S.L.U. en situación de insolvencia por importe de 2.059,27 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) En canto sexa firme, inscribilo no rexistro correspondente».

E para que sirva de notificación en legal forma a Viveros Lumar, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 7 de outubro de 2016

O letrado da Administración de xustiza