Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx. 48435

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta do 15 de setembro de 2016 polo que se aproban como proxecto público de urxencia ou de excepcional interese as actuacións de consolidación no polígono industrial de Balaídos correspondentes ao grupo PSA e promovidas polo Consorcio de la Zona Franca de Vigo.

Adoptado acordo polo Consello da Xunta en sesión do día quince de setembro de dous mil dezaseis,

RESOLVO:

Dar publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 15 de setembro de 2016 que a seguir se transcribe:

«1. Aprobar como proxecto público de urxencia ou de excepcional interese as actuacións de consolidación no polígono industrial de Balaídos correspondentes ao grupo PSA e promovidas polo Consorcio de la Zona Franca de Vigo.

2. O acordo de aprobación do proxecto será inmediatamente executivo e habilitará para o inicio das obras correspondentes.

3. A aprobación do proxecto comporta, ademais, a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados cos fins da expropiación ou da imposición de servidumes».

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2016

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria