Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx. 48436

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 18 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Comercio, polo que se somete a información pública o procedemento ACA 1/2016, relativo ao proxecto de implantación dun centro comercial no concello de Ourense, promovido por Leroy Merlín, S.L.U.

De conformidade co disposto no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 15.2 do Decreto 211/2012, do 25 de outubro, polo que se regula o procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica, iníciase o trámite de información pública, como parte integrante do procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica, relativo ao proxecto de implantación dun centro comercial no concello de Ourense, promovido por Leroy Merlín, S.L.U.

Para estes efectos, en cumprimento do deber de información que debe outorgarse ao público sobre os aspectos relevantes relacionados co procedemento de autorización do proxecto de referencia, infórmase do seguinte:

a) Leroy Merlín, S.L.U. solicitou a concesión da autorización comercial autonómica relativa ao proxecto de implantación dun centro comercial no concello de Ourense.

b) O órgano competente para resolver a solicitude de concesión da autorización comercial autonómica é a persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria en virtude do establecido no artigo 32.1 da Lei do comercio interior de Galicia e no Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a súa estrutura orgánica.

c) O órgano de que pode obterse información ao respecto é o Servizo de Ordenación da Dirección Xeral de Comercio.

d) A solicitude e o proxecto están dispoñibles ao público, para a súa consulta, nas dependencias da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 3º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

e) A participación do público poderá realizarse, durante o prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. As persoas que o desexen poderán ver o expediente durante o referido período e formular as alegacións, observacións e suxestións que consideren oportunas, que deberán dirixirse á Dirección Xeral de Comercio e presentarse por calquera dos medios que recolle o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2016

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio