De conformidade co establecido na norma 7.3 dos criterios de repartición do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2015, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade, aprobados polo Consello da Xunta de Galicia do 17 de marzo de 2016 e publicados mediante a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 18 de marzo de 2016 (DOG número 60, do 30 de marzo), o anuncio de exposición das listaxes definitivas de admitidos e excluídos publicarase no Diario Oficial de Galicia.
Dado que nas listaxes preceptivas figuran datos de carácter identificativo, de características persoais, económicos ou de saúde protexidos pola Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, cuxa publicación pode lesionar o dereito constitucional á intimidade dos/das solicitantes ou dos/das causantes das axudas, cómpre realizar a publicación coas limitacións e reservas establecidas no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Dando cumprimento ao prescrito, esta dirección xeral, transcorrido o prazo de alegacións previsto no punto segundo da Resolución do 30 de xuño de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 127, do 6 de xullo) e unha vez concluídos os traballos de revisión das reclamacións presentadas,
RESOLVE:
Primeiro. Publicar no Diario Oficial de Galicia, como anexo a esta resolución, a distribución final da concesión das axudas do fondo de acción social do exercicio económico do ano 2015.
Segundo. Facer públicas as listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do fondo de acción social do exercicio económico 2015, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública http://funcionpublica.xunta.es/?q=FAS
Para o coñecemento íntegro do acto, as persoas solicitantes deberan introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e mais o código de impresión da súa solicitude.
Segundo. Contra a resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2016
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Tipo de axuda |
Entradas |
Aprobadas |
Denegadas |
Importe euros |
1. Atención de persoas con discapacidade |
712 |
626 |
86 |
872.982,97 |