Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 28 de outubro de 2016 Páx. 48263

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3386/2014).

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 3386/2014 desta sección, seguido por instancia de Fogasa contra Adega do Emilio, S.L., Jessica Moreira Fernández sobre resolución de contrato, ditou, en data do 19.7.2016, a Sala do Social do Tribunal Supremo, a seguinte resolución:

Resolución: por todo o exposto, en nome do rei e pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu, 1º) Desestimar o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado e defendido polo avogado do Estado, 2º) Confirmar a sentenza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 28 de novembro de 2014, resolutoria del recurso de suplicación nº 3386/2014 interposto polo Fogasa fronte á sentenza ditada o 29 de abril de 2014 polo Xulgado do Social número 2 de Ourense, nos autos nº 178 e 181/2014, seguidos por instancia de Jessica Moreira Fernández fronte ao dito recorrente e Adega do Emilio, S.L., sobre despedimento, coas precisións sobre a súa fundamentación xurídica contidas na presente sentenza, 3º) Impoñer ao Fondo de Garantía Salarial as custas derivadas do seu recurso. Notifíquese esta resolución ás partes e insírase na colección lexislativa. Así se acorda e asina.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Adega do Emilio, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza