De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a Resolución do 31 de agosto de 2016, de baixa da autorización turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turística do establecemento relacionado no anexo, xa que, intentada a notificación, non se puido efectuar polos medios habituais.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Pontevedra, 14 de outubro de 2016
Mª Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
Establecemento: Viajes Ciudad del Lérez.
Sinatura: XG-PO-000385.
Razón social: Eva María Sobrino Castiñeiras.
Enderezo: Marqués de Riestra, 22, baixo.
Concello: Pontevedra.