Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 28 de outubro de 2016 Páx. 48312

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 14 de outubro de 2016, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de baixa da autorización turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a Resolución do 31 de agosto de 2016 de baixa da autorización turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas do establecemento relacionado no anexo, xa que, intentada a notificación, non se puido efectuar polos medios habituais.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 14 de outubro de 2016

Mª Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Establecemento: Viajes Miño.

Sinatura: XG-PO-000329.

Razón social: Viajes Miño España, S.L.U.

Enderezo: O Pilar, 1-B.

Concello: Tui.