Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2016 Páx. 48175

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación do contrato de subministración e instalación de equipamentos para a execución da fase I do proxecto de mellora da instalación eléctrica de iluminación pública mediante reforma de cadros eléctricos.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

i) Dependencia: Secretaría.

ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

iv) Teléfono: 981 69 14 78.

v) Telefax: 981 69 17 86.

vi) Correo electrónico: ana.linares@oroso.dicoruna.es

vii) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellooroso.com

viii) Data límite de obtención de documentación e información: ata 2 días naturais antes da finalización do prazo para presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2016/C005/000002.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo mixto.

b) Descrición: subministración e instalación de equipamentos para execución da fase I do proxecto de mellora da instalación eléctrica de iluminación pública mediante reforma de cadros eléctricos do Concello de Oroso.

c) Código CPV: 34928500-3, equipamento de iluminación de rúas.

d) Lugar de execución/entrega: Concello de Oroso.

e) Prazo de execución e prórroga: véxase o artigo 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto, con pluralidade de criterios de adxudicación.

c) Criterios de adxudicación: véxase o artigo 12 do prego.

4. Orzamento base de licitación: véxase o artigo 7.2 do prego.

5. Garantías exixidas: definitiva (5 %) do importe de adxudicación.

6. Valor estimado: 208.849,21 euros.

7. Requisitos específicos do contratista: véxanse as cláusulas 3 e 4 do prego.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 10 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, no perfil do contratante ou no DOG.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

i) Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

b) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

10. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios, cun máximo de 1.000 euros.

Oroso, 21 de outubro de 2016

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde