Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2016 Páx. 48178

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da licitación do servizo de vixilancia da saúde.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Persoal. Número de expediente: 27683-220.

2. Obxecto do contrato: descrición: un servizo de prevención externo para a realización da especialidade de vixilancia da saúde, para todo o persoal do Concello de Vigo, persoal funcionario de carreira, interino ou eventual; cargos públicos da Corporación con dedicación exclusiva ou parcial que coticen á Seguridade Social; persoal laboral e contratado a través de convenios, traballos temporais de colaboración social ou promoción de iniciativas locais de emprego, escolas obradoiro, casas de oficios e supostos semellantes.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: catro anos. Prórroga: dúas prórrogas dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 840.000 euros (IVE incluído).

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe do contrato excluído o IVE.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, destes. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o día 14 de novembro de 2016.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: si.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións: –.

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 3 de outubro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación